Festa

lunes, 7 de abril de 2008

Benvidos todos e todas!


Cando os que hoxendía formamos o Martín Códax nos propuxemos facerlle unha festa a Tatá (gústanos máis que a palabra homenaxe) tivemos claras dúas cousas:
  • Tiña que ser no 2008 pois a día 17 de maio (non podía haber mellor data) caía en sábado e así sería posible que todos os que estivesen fóra de Galicia puidesen asistir.
  • Había que facer a festa na escola. Tiña que ser coma todas as nosas Romarías: O Magosto, O Entroido a das Letras Galegas…No patio, no monte, pendentes do ceo por se temos que apretarnos no patio cuberto.

Con esta festa a Tatá queremos facerlle unha homenaxe a aquel grupo de valentes que tomaron a iniciativa de levar adiante a súa idea de educación. Esperamos ser capaces de coller o seu testigo e continuar co seu espíritu.

Á hora de organizar este encontro agarimoso, ¿qué mellor “comision de festas” que os antigos alumnos que hoxe continúan na Escola?


Hai unha morea de anos, ao amparo da Lei Xeral de Educación de 1970, un grupo de profesores da Academia de Estudios CEIBE (Ana María, Chano, Felix, Mariló, Marita, Paloma, Pazos, Rosa Espino e Tatá) decidiron fundar unha escola distinta na que o neno deixase de ser un espectador no proceso de aprendizaxe e se convertise no centro deste proceso.

Eles soñaron cunha escola crítica, laica e libre nun tempo onde o criticismo, a laicidade e a liberdade eran cuestións de orde pública. Mais, para este proxecto precisaban doutras mans; algunhas delas de aínda estudantes de maxisterio como Fernando, Margara, Margarita Barrientos, Trino e Ydalinda; e outras mestres experimentados como Clara, Gisela, Isa, Isabel Pérez, Matas ou Teté.

Así, no curso 71/72 comezaba a andaina desta nosa escola nun pequeno chalet ao pé do aeroporto e con Tatá como directora.

Porén, a súa crenza nunha educación diferente levounos a contratar mestres como Don Gonzalo coas súas matemáticas de bloques lóxicos e regletas, a Manolo coas súas películas da toupiña e Chaplin, a Juan e a María José cos seus collages e debuxos ou a Bárbara, nun intento de que aprendesemos inglés desde pequenos.

Pasaron os cursos e o aumento do número de alumnos levaron a incorporarse ao colexio a Alberto Avendaño, a Alice, a Calo, a Carmela, primeiro como secretaria e despois como profesora de música, a César, a Eladio, a Elisa, a Ernesto, a Francis, a José Antonio, a Gegé, a Herminia, a Isabel Estévez, a Maite, a Manuel, a Marion, a Marisa, a Mª Eugenia, a Miss Rose, a Natacha, a Olga, a Patri Música, a Pepa, coñecida por moitos de nós co nome de Josefa, a Pili, a Rafa, a Susi, a Taboada, a Tota e a Xaime Estévez. Sen esquecer tampouco os condutores, as coidadoras do autobús, as cociñeiras e as señoras da limpeza, a Eulogio e Pepe e Juan, e por suposto, o máis importante, porque no só de sapiencia vive o home…Pili Bocatas, Marisol e Sinda.

En definitiva, está foi e é a nosa escola. A escola que temos na nosa memoria, na que aprendemos a ler e escribir, na que aprendemos a ser libres e tolerantes, na que pasamos bos e malos momentos e á que queremos rendir homenaxe na figura da súa directora, Tatá, o día 17 de maio.

Iso si, sen esquecer que hoxendía o Martín Codax o forman: Alba (ex–alumna), Alicia, Ana Presa, Bárbara, Bego Matas (ex–alumna), Belén Apoio, Belen Cabaleiro (ex–alumna), Conchi, Coqui, Charli (ex–alumno), Elisa, Eloy, Fernando, Fran, Francis, Gegé, Herminia 2, Isa, Isabel Estévez, Isabel Pérez, Jaime, Jorge Pazos (ex–alumno), Jorge Teacher, José María, Juan Campos, Juan Plástica, Julie (ex–alumna), Lourdes, Luz, Margarita, Maiche (ex–alumna), Manolo, Mar (ex–alumna), Mari Paz, María Barbosa, María, Marisa, Montse (ex–alumna), Nico (ex–alumno), Noemí, Nuria (ex–alumna), Olalla (ex–alumna), Olga, Óscar, Patri Apoio, Patri Plástica, Pazos, Pepa, Pili, Rafa Crespo (ex–alumno), Roberto Pazos (ex–alumno), Rosa a nova Directora, Rosa Tecnoloxía, Ruth, Sandra, Susi, Tere, Teté, Trino, Xabier, Ydalinda e Xela (ex–alumna).



Haberá un escenario onde os que se animen poderán facer as súa aportación. Así que non esquezades traer os vosos instrumentos.

Tamén temos pensado unha exposición de fotos das distintas promocións, que poderedes mandar escaneadas, aqueles que o desexedes, ao correo da exalumna Noemi (promoción 1988) noemiaariasmangana@gmail.com indicando o ano en que rematastes os estudos no cole para poder clasificalas.

Estamos abertos a calquera suxestión que poidades aportar utilizando este blog para nolas facer chegar ao correo do Cole info@colexiomartincodax.com coa referenza “festa 17 de maio”. E se o día en cuestión, queredes participar nun mural e nun libro que teremos aberto á vosa disposición, pensade o que ides pintar, escribir, crear, comentar, ….

É importante tamén que informedes desta Romaría a todas aquelas persoas que coñezades que teñan algunha relación coa escola, utilizando o boca a boca que tan ben funciona, e se podedes ir indicándonos de cantas tedes constancia que van a vir para facernos na medida do posible unha idea do número de asistentes.

Vémonos ese día para agradecer, lembrar, compartir, rir, chorar… en fin, pasar un momento agradable todos xuntos na Nosa Escola.

Por certo, isto é un segredo para Tatá.

19 comentarios:

Anónimo dijo...

Xa era hora de poder facerlle unha homenaxe a nosa directora e a toda esa xente que loitou por unha educación liberal e galegista.

Dende aqui grazas a todos eles por facerme a persoa que son hoxe en dia.

Anónimo dijo...

Unha gran idea e seguro que sae unha gran festa para a lembranza. Lástima que ese día non poda estar en Vigo. Aún así teño fotos que irei enviando e para cualquer cousa: bego131@hotmail.com

Unha aperta!

Noemí dijo...

Noemí Promo 1988
noemiaariasmangana@gmail.com
Continuo esperando polas vosas fotos ... A miña promoción continua á cabeza pero por detrás siguelle a promoción do 2001 gracias a Begoña Fuentes.

Anónimo dijo...

Esperad a que vaya a Vigo este finde y rebusque un poco.

Diego 94/95

Noemí dijo...

Xela Promo 1992
hola hola tengo localizados a muchas compañeras de clase. pero echo en falta a Facorro, Guillermo Barros, Aitor, Allegue, Costas, Oscar Jorge, Lemos, Gonzalez, J. R., Breo, Cancelas, Diego... y otros del A y del C. no tengo vuestros mails y no se como avisaros me encantaría veros a todos y disfrutar juntos de nuestra fiesta. biquiños Xela
xelaariasmangana@gmail.com

Noemí dijo...

Como calcular o ano de promoción. En principio, para os vellos simplemente hai que sumarlle 14 anos ao voso ano de nacemento; eso sí se nunca repetichedes. PERO os da ESO teñenlle que engadir 16.

matesCodax dijo...

Xiana, Promo 1997
Qué idea tan estupenda, reunirnos tod@s después de tanto tiempo y que mejor forma con una fiesta en nuestro cole! os animo a todos a asistir para reencontrarnos y celebrar la fiesta a Tatá.

Unknown dijo...

Hola soy Irene Horyaans promocion del 85, seguro que estaré alli, y espero poder avisar a mucha gente, cuantos mas mejor, un beso muy fuerte, si necesitais ayuda no dudeis en pedirmela.

Noemí dijo...

Continuamos co das fotos e teño que decir que a excepción de un par de promocións 1988, 1992 e 2003 e unha serie de familias, os Camacho, Os Arias Mangana ... teño moi poucas fotos ... Non é tanto traballo con que cada un de vos me mande dúas fotos xa chega.
Espero as vosas fotos
noemiaariasmangana@gmail.com

Anónimo dijo...

Lia (según os cálculos son do 96...)
pois eu entereime de casualidade, gracias a que Noa me recoñeceu pola rúa...
intentaremos pasarnos por alí!

Noemí dijo...

Para todos aqueles que deixades mensaxes no blog sen dirección de mail. Así non é posible contactar convosco. Facede o favor de envialas ... case tódolos días hai novidades.
Para máis información
noemiaariasmangana@gmail.com

Anónimo dijo...

Soy Gabriela, de la promoción del 2002! Pedazo fiesta que se va montar, lástima que no pueda ir porque justo es el día de mi graduación en Salamanca.

Peor enviaré algunas fotos para la exposición!

gabby_alva@hotmail.com

luis dijo...

Noemi, en el blog de la promoción del 83 "exmartincodax83.blogspot.com" tienes unas cuantas fotos de aquella excursión de fin de curso y de años anteriores,creo las que están en blanco y negro deben ser del año 77 o 78, el blog esta poco actualizado pero pronto le daremos un repaso.

Espero estar el dia 17 en el cole y el 16 en el castro

Saludos para la comunidad y pura vida para todos

Anónimo dijo...

Hola soy Andreia de la promoción del 94, me enteré de esta fiesta por la calle, contad conmigo para lo que necesiteis. He encontrado algunas fotos de mi promoción y de la de la de mi hermana Maruxa, creo que es del 99. Las envío al correo de Noemi. Saludos y nos vemos el 17.

andreiafernandez@ayfserviciosjuridicos.com

anferl@hotmail.com

Anónimo dijo...

Hola!

Son Julia Conde Prom. 78/79, unha das mais vellas pareceme, casi todas as mensaxes son de xente mais nova. Vivo en Luxemburgo, pero por casualidad estarei en Vigo ese finde e por suposto irei encantada à festa! O meu e-mail: jconde@pt.lu

Anónimo dijo...

Hola a todos!

Me enteré hace poco por mi cuñado que había la fiesta.
Espero poder asistir. Supongo que será de tarde..

Lo mejor de todo es que mi mujer y sus hermanos son del Rosalia y los respectivos somos del Martin Codax!!! mucha buena coincidencia!!!

Noemi, te enviaré las fotos y estoy buscando una pequeña toma de Super 8 con un partido en el colegio (son pocos segundos.. pero puede ser simpático que lo tengáis). La enviaré en formato AVI.

Anónimo dijo...

Se me olvidaba, mi correo es:

afuentes31@gmail.com

Anónimo dijo...

Hola soy Iria Carregal. Ya os he enviado las fotografías que teníamos por casa. En lo que pueda ayudaros, ya sabeis donde estoy.

Anónimo dijo...

los alumnos actuales tb podemos ir a la fiesta?o no pintamos nada alli? xd



promocion 2008.. =(